viernes, 24 de abril de 2009

Camiño


Non son unha persoa de estar enfadada, non vai comigo, ás veces inténtoo pero non podo e aínda me acordo do primeiro enfado que tiven na miña vida, foi coa miña gran amiga Raquel Cuiña. Eramos pequenas, teríamos cinco ou seis anos, ela lévame a min un, e vivíamos casa con casa, só nos separaba un camiño, o que non recordo xa foi porqué nos enfadámos, o conto foi pola tarde, marchámonos cada unha á súa casa enfurruñadas e á mañá seguinte, día de clase, ao saír de casa atopeime como todos os días con ela, e o momento chameina: Raquel, no mesmo instante que me acordei que estabamos enfadadas e ela virouse e respondeume: Qué? E así foi como seguimos sendo o que somos, AMIGAS

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Que historia tan bonita.

Isabel dijo...

Que ben que volviches, Lucía. Xa botaba de menos as túas historias, sempre tan auténticas.
Eu, non te imaxino enfadada...