jueves 30 de abril de 2009

Manuel e Julio

Isto sucedeu fai bastante tempo pero foi real. Chegou a unha casa un home preguntando: "Veño de parte de D. Julio se está Manuel?", ao que lle contestaron: "Pois dille a Julio que D. Manuel non está."

A que contestou era a miña tía Carmen, e referíase ao seu irmán Manuel e ao seu primo Julio.
Non fai falta dicir que o recadero era o empregado de Julio.

viernes 24 de abril de 2009

Camiño


Non son unha persoa de estar enfadada, non vai comigo, ás veces inténtoo pero non podo e aínda me acordo do primeiro enfado que tiven na miña vida, foi coa miña gran amiga Raquel Cuiña. Eramos pequenas, teríamos cinco ou seis anos, ela lévame a min un, e vivíamos casa con casa, só nos separaba un camiño, o que non recordo xa foi porqué nos enfadámos, o conto foi pola tarde, marchámonos cada unha á súa casa enfurruñadas e á mañá seguinte, día de clase, ao saír de casa atopeime como todos os días con ela, e o momento chameina: Raquel, no mesmo instante que me acordei que estabamos enfadadas e ela virouse e respondeume: Qué? E así foi como seguimos sendo o que somos, AMIGAS

viernes 9 de enero de 2009

Neve

jueves 28 de febrero de 2008

Claudia.

viernes 18 de enero de 2008

Feliz cumpleanos.

martes 13 de noviembre de 2007

"¿Por qué no te callas?"

"Por qué no te callas?"

Carta tío Paco.