jueves, 1 de febrero de 2007

Espíritu de contradición.

Iso é o que somos, e téñoo comprobado. Que tes moito dunha cousa, é xusto iso o que non che apetece, que che falta algo, pois é o que queres nese momento. Esta mañá unha muller pediume unha cousa que se antes a quitan, antes a pide. Explícome, xa fai uns cantos anos que cambiamos ao Euro, e nos movementos de contas seguía poñendo o contravalor en pesetas, pois como o poñía, todo o mundo que lle estorbaba o contravalor en pesetas, que non o querían ver máis, que xa non facía falta, este mesmo mes, esta semana para ser exactos, fixeron cambios no programa, e xa por fin, eliminárono (que por certo xa ía sendo horas, para o meu gusto), pois vén unha señora das que sempre lle disgustaba o contravalor para dicirme, "por favor, pódeme poñer canto é en pesetas".

1 comentario:

Anónimo dijo...

E o que di miña nai: Cando a moza casa sáenlle pretendientes.