jueves, 25 de enero de 2007
Mala Men.
O tema do día na clase era o medo, o terror dos nenos, e a profesora empeza a preguntar... - Pedriño, de quen tes mais medo? - "Do vello do saco". - Pero Pedriño, "O vello do saco" non existe, é unha lenda... non debes ter medo... - Mariana, de quen tes máis medo? - "Da Chorona", - Pero Mariana, "a Chorona" tampouco existe, é unha lenda... non debes ter medo... - Xoanciño, de quen tes máis medo? - "Da Man Peluda", mestra - Pero Xoanciño, "a Man Peluda" tampouco existe, é outra lenda... tampouco ti debes ter medo... - A ver Pepiño, ti, de quen tes máis medo? - Do "Mala Men", profesora (o silencio invadía o salón de clases ata que a mestra dixo): - O " Mala Men "? nunca oín falar dese, quen é? - Eu tampouco sei quen é profesora, pero témome que sexa o ser máis terrible que poida pisar a terra, a súa maldade é implacable e o seu legado de terror foi esparcido por varias xeracións xa que todas as noites a miña mamá di ao final das súas oracións: " ...non nos deixes caer na tentación e líbranos do " Mala Men ".
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario