martes, 30 de enero de 2007

Escala de Intelixencia de Stanford - Binet.

No xornal de fai uns días lin que unha persoa española tiña un cociente intelectual ou CI de 156 , e como datos relevantes comentaban que Albert Einstein tiña 163, e unha moza de Estados Unidos 220. A intelixencia é un aspecto das persoas que sempre me seduciu, mil veces máis que a beleza. Un día o comentaba cunha amiga, Elena, e ela dixo, "eu querería ser ou moi guapa ou moi lista, pois con calquera desas dúas cousas pódese vivir".

Sudoku.

Hoxe fixen o meu primeiro sudoku en solitario, non é un xogo que me guste especialmente, realmente nunca me parei, ata hoxe, a intentar solucionar ningún, xa vexo que é cuestión de práctica, e ter un poquito de visión global, de conxunto. É como o seu nome indica un pasatempo máis, e din que engancha...

jueves, 25 de enero de 2007

Mala Men.

O tema do día na clase era o medo, o terror dos nenos, e a profesora empeza a preguntar... - Pedriño, de quen tes mais medo? - "Do vello do saco". - Pero Pedriño, "O vello do saco" non existe, é unha lenda... non debes ter medo... - Mariana, de quen tes máis medo? - "Da Chorona", - Pero Mariana, "a Chorona" tampouco existe, é unha lenda... non debes ter medo... - Xoanciño, de quen tes máis medo? - "Da Man Peluda", mestra - Pero Xoanciño, "a Man Peluda" tampouco existe, é outra lenda... tampouco ti debes ter medo... - A ver Pepiño, ti, de quen tes máis medo? - Do "Mala Men", profesora (o silencio invadía o salón de clases ata que a mestra dixo): - O " Mala Men "? nunca oín falar dese, quen é? - Eu tampouco sei quen é profesora, pero témome que sexa o ser máis terrible que poida pisar a terra, a súa maldade é implacable e o seu legado de terror foi esparcido por varias xeracións xa que todas as noites a miña mamá di ao final das súas oracións: " ...non nos deixes caer na tentación e líbranos do " Mala Men ".

Esta tempada vai de chistes...

Atópanse tres homes na sala de espera da maternidade, un é negro, o outro do Madrid e o terceiro do Barcelona, asómase a enfermeira e dilles: Todo foi de marabilla, as nais están ben do mesmo xeito que os seus fillos, que foron varóns, pero houbo un problemiña sen importancia e é que as chapiñas de identificación mesturáronse e non sabemos de quen é cada neno. Cren vostedes que os recoñecerían só con velos? O do Real Madrid contesta enseguida: Eu si, señora, só con velo sei cal é o meu. Ben - di a enfermeira-, pois pase vostede e vexa cal é o seu. Entra o do Madrid ao cuartiño onde están os nenos e sae co negro debaixo do brazo. - Xa está, este é o meu - di agarrando fortemente ao bebé. - Pero oia, - replica a enfermeira-. Seguro que non se equivoca? - Non, non, non. - Prefiro quedarme co negro a que me toque o do Barça.

jueves, 18 de enero de 2007

Moda ou non moda...

Acábanme de contar, o que teñen que sufrir os nenos para ir á moda, ( é un dicir o de ir á moda, máis ben todo o contrario). Parece ser que se leva a esas idades de 13,14 e 15 anos, o de poñer uns pantalóns que se lles caen, ensinando os calzons (iso si, de marca). A historia foi que uns nenos dun colexio subían coas mans ocupadas, e a un deles caéronselle os pantalóns, o pobre non podía soltar o que levaba nas mans, e tivo que ser a profesora a que llos subiu ao mesmo tempo que lle dixo: "Rapaz tes que poñer pantalóns de home".
Esto mesmo fai referencia ao que dicía un veciño: "Moda ou non moda non leves o cu fóra".

miércoles, 3 de enero de 2007

Claudia.

Outra da miña sobriña, o día de Fin de Ano a nena non quería irse a durmir e pediulle á miña irmá Maca que durmise con ela, a miña irmá díxolle que non podía ser que se tiña que ir co seu home para a súa casa, pero que ao día seguinte a viría a buscar para levala a misa, ao que Claudia respondeulle, a misa é moi aburrida, alí vaite co teu home.