jueves, 7 de diciembre de 2006

Alburquerque.

Esa palabra repetíaseme en soños cando tiña entre 14 e 15 anos, soñaba con ese nome e cando espertaba, xa non me acordaba que nome era, entón un bo día ocorréuseme poñer unha libreta e un bolígrafo na mesita á beira da cama, púxenme a durmir, e ao día seguinte levanteime tan contenta sen acordarme nin por un só momento da libreta, a media mañá de súpeto acordeime, fun vela, e cal sería a miña sorpresa ao ver escrito no medio da folla en branco coa miña propia letra ese nome. Non tiña nin idea o que quería dicir, nunca o oíra antes, ata un día que oín na tele un señor que dicía que era de Alburqueque. Estes días volvéuseme a acordar, e neste longo fin de semana, intentarei ir ver o que se me perdeu alí.

No hay comentarios: