domingo, 17 de diciembre de 2006

Nadal.


Xa están aquí, outro ano máis, e con elas, as compras, as présas, o estrés, as comidas e ceas de traballo e sobre todo a nostalxia que nos entra cando recordamos o felices que eramos de pequenos, coa ilusión dos Reis Meigos, (que por aquel entón aínda non se levaba o do Papa Noel) e no que se converteu aquilo, que non é máis que unha operación de marketing para o consumismo no que estamos inmersos. Os Nadais redúcense a iso, comprar e comprar, para tamén acabar comendo e bebendo demasiado, que o único que nos produce é remordimiento e aumento de peso, ou o que é peor, accidentes de tráfico polo consumo excesivo do alcohol. Bo esquecíalleme dicir, que tamén trae a ilusión de ser millonarios coa Lotería de Nadal, que ao final acabamos comprando todos, eu a primeira.

sábado, 16 de diciembre de 2006

Visto bo.


Isto é o que tiñan que ter todos os traballadores ao seu ao redor, xente que che de ánimos e se involucre co traballo que estás facendo, tanto é así que adoptan as mesmas posturas, aínda como neste caso, encorvados. E esta imaxe recórdame un correo que preguntaba cantos funcionarios facían falta para cambiar unha bombilla... E eran uns cantos.

jueves, 14 de diciembre de 2006

Éche ben certo.

"A maioría das nosas equivocacions na vida nacen porque cando debemos pensar... sentimos, e cando debemos sentir... pensamos."

Lotería.


Señores non compredes máis lotería que o número premiado xa saíu e é este que teño eu. Así que agora vós o que tendes que pedir é saúde.

jueves, 7 de diciembre de 2006

Alburquerque.

Esa palabra repetíaseme en soños cando tiña entre 14 e 15 anos, soñaba con ese nome e cando espertaba, xa non me acordaba que nome era, entón un bo día ocorréuseme poñer unha libreta e un bolígrafo na mesita á beira da cama, púxenme a durmir, e ao día seguinte levanteime tan contenta sen acordarme nin por un só momento da libreta, a media mañá de súpeto acordeime, fun vela, e cal sería a miña sorpresa ao ver escrito no medio da folla en branco coa miña propia letra ese nome. Non tiña nin idea o que quería dicir, nunca o oíra antes, ata un día que oín na tele un señor que dicía que era de Alburqueque. Estes días volvéuseme a acordar, e neste longo fin de semana, intentarei ir ver o que se me perdeu alí.

O manto da Virxe.

Caso real. Nunha procesión a Virxe estreaba manto, e o cura intentaba por todos os medios que a xente non se avalanzara sobre ela para que non lle estropearan o manto novo. Pero era imposible de apartar a tanta divina xente, nin a Garda Civil a daba tido baixo control, ata que alguén lle queima o manto e o cura exclama: "Fixestes e fixestes ata que lle fodestes o manto á Virxe!"

miércoles, 29 de noviembre de 2006

viernes, 24 de noviembre de 2006

Dito popular.


Iso acáballo de dicir un compañeiro da miña irmá agora mesmo á miña nai por teléfono, ao que a miña nai contestóulle que non era certo, neste caso segundo o dito, os meus pais teñen catro cabras na horta e botan de menos á última que está de viaxe.


Aquí estou...

...Outra vez a voltas cun blog. Esta vez foi máis rápido e fácil co anterior, tamén será porque xa teño un pouquiño de práctica e unha pouca menos vergonza. Veremos en que acaba o conto.